O CS Mádia Leva de Lugo acolle a presentación da Escola dos Pobos 'Josefa Marón Luengo'

O CS Mádia Leva de Lugo acolle a presentación da Escola dos Pobos 'Josefa Marơn Luengo', un espazo formativo-experiencial que se está a desenvolver na localidade de Quecedo de Valdivielso (Burgos).
Esta iniciaƟva popular está impulsada por Memoria Viva de los Pueblos, a Revista Soberanía Alimentaria, Biela y Tierra e a Universidade Rural do Cerrato, co apoio de máis de 50 organizacións a nivel estatal, entre as que se atopa o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas SLG-CCL. Abondando no noso apoio a este proxecto, o vindeiro mércores o apicultor e integrante da ExecuƟva Nacional do SLG-CCLL, Brais Álvarez, debullará polo miúdo canda Pablo Simón da Escola dos Pobos os pasos a dar colecƟvamente para facer realidade este espazo rural de sabedoría popular, así como a proxección da súa acción de incidencia social no futuro. A Escola dos Pobos ten dous obxecƟvos principais: a formación de persoas promotoras de vida que favorezan a revitalización e defensa dos nosos territorios e a creación dun espazo de formación para o movemento social que sirva para fortalecer os lazos entre as contornas rurais e urbanas, así como o seu respecto e coñecemento mutuo, imprescindible para a supervivencia de ámbalas partes. Para o seu impulso lanzouse a través da plataforma goteo.org unha iniciaƟva de micromecenazgo para habilitar as súas instalacións a través da transformación dunha anƟga casa solariega do século XVI neste espazo de formación, cultura e encontro, unha proposta que superou a primeira fase da campaña de financiamento colecƟvo co apoio de máis de 500 mecenas, alcanzando os 56.786 €. O obxecƟvo é agora acadar nos seguintes 9 días a conơa total dos 90.000 € orzamentados para comezar coa transformación do edificio en ruínas. Para facelo realidade, ofrecen diversas recompensas grazas á implicación de enƟdades e persoas do entorno do Val de Valdivielso, entre Comunicado de prensa do SLG 02-05-2025 A Escola dos Pobos chega a Lugo para impulsar a loita por un mundo rural vivo as que podemos escoller rutas de montaña, arqueoloxía, ornitoloxía, pastoreo ou enoturismo, obradoiros musicais ou arơsƟcos, ademais de obras de arte doadas por diversos arƟstas. Para coñecer todas as recompensas dispoñibles, recoméndase visitar o seguinte enlace en hƩps://www.goteo.org/project/la-escuela-de-los-pueblos, onde tamén se pode atopar información sobre o vindeiro FesƟval da Memoria, co que se porá fin á campaña. O Sindicato Labrego anima a toda a cidadanía a informarse e parƟcipar cas súas aportacións na recuperación e acondicionamento das instalacións necesarias para comezar coas clases, obradoiros, aloxamento das persoas asistentes ás formacións e un espazo común que poderá ser usado pola comunidade e outras asociacións. Dende o SLG-CCLL estamos convencidas de que a Escola dos Pobos converterá a comarca das Merindades na capital dos saberes tradicionais, da cultura popular e da loita por un mundo rural vivo.