O CSIF pide a estabilización das prazas de logopeda no Servizo de Atención Temperá do HULA

LugoXa
O CSIF pide á Xunta a estabilización das plazas de logopeda no Servizo de Atención Temperá do Hospital Universitario Lucus Augusti
covid 19 hula 2
8 Mar 2023

O CSIF pide ás consellerías de Sanidade e de Política Social que "alcancen un acordo canto antes e estabilicen as prazas de Logopeda do Servizo de Atención Temperá do Hospital Lucus Augusti de Lugo, que se están cubrindo cada seis meses con contratos de acúmulo de tarefas".

CSIF denuncia a demora de "máis de tres anos en solucionar esta situación, que repercute moi negativamente na eficiencia do servizo e a atención deses nenos e nenas, así como das súas familias, que precisan de seguimento continuado e estable".

A central sindical xa remitido diferentes escritos a Sanidade para evitar máis demoras e esixir a "Política Social, consellería da que dependen estas prazas, para que tome as medidas necesarias e corrixa canto antes esta situación de inestabilidade, denunciada tamén polo colectivo de profesionais de Logopedia".

CSIF lembra que "o Servizo de Atención Temperá encárgase de atender a nenos e nenas que presentan trastornos no seu desenvolvemento, xa sexan transitorios ou permanentes, tanto de forma individual como de forma conxunta coas súas familias, de aí a importancia de que a relación paciente/profesional sexa o máis estable posible, non se cambie cada seis meses".

0.16318988800049