O delegado abre no CEIP de Outeiro de Rei o curso escolar na provincia

TerraChaXa | RibeiraSacraXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O delegado abre no CEIP de Outeiro de Rei o curso escolar na provincia cun total de 19.443 alumnos de Educación Infantil, Primaria e Especial.
arias apertura curso escolar outeiro de rei
9 sep 2022

Un total de 19.443 alumnos de Educación Infantil, Primaria e Especial incorporáronse onte ás aulas na provincia e tamén comeza o curso para 12.814 estudantes de ESO e BAC.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, compartiu o inicio de curso coa comunidade educativa do CEIP Laverde Ruiz de Outeiro de Rei, no que se incorporan ás aulas 322 alumnos e alumnas. Destacou que “este regreso se vive nun ambiente de normalidade, despois das adaptacións que houbo que facer os dous anos anteriores por mor da pandemia e que esixiron un enorme esforzo tanto por parte do profesorado como das familias”.

No conxunto da provincia, as clases comezan para 5.791 escolares de Infantil, 13.584 de Primaria, 68 de educación Especial -un total de 19.443 entre os tres–; e tamén para 9.452 de ESO e 3.362 de BAC -suman 12.814 nesa etapa-. Pese ao descenso xeneralizado da matrícula en Infantil e Primaria -aínda que aumenta lixeiramente en ESO e BAC –, Arias subliñou que non se reduce o número de docentes.

Salientou ademais “a intensidade coa que a Xunta está a traballar na mellora das infraestruturas escolares”, con 78 actuacións na provincia de Lugo que suman case 18 millóns de euros.

Están enmarcadas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia, que actualmente ten 31 grandes obras en distintas fases de execución en centros lucenses por importe de 16,9 M€. Ademais, Arias incidiu en que este verán a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidade duplicou o investimento en intervencións menores en colexios e institutos. Nesta provincia programáronse 47 actuacións noutros tantos centros que sumaron 875.000 euros.

“Hoxe temos instalacións máis cómodas para alumnado e profesorado, máis sostibles e máis eficientes no consumo de enerxía, algo esencial neste momentos”, afirmou Arias, quen lembrou que o CEIP Laverde Ruiz tamén foi obxecto de importantes obras de acondicionamento nos últimos anos. A máis recente foi a mellora da eficiencia enerxética acometida o ano pasado, con 216.000 euros de investimento; e previamente realizouse unha ampliación das instalacións cun custo aproximado de 900.000 euros.

Apoio ás familias

Arias fixo fincapé en que o Goberno galego reforza este ano o apoio ás familias para facer fronte á subida de prezos que tamén repercute na volta ás aulas. Por iso, co fin de afrontar este contexto, a Xunta ten en marcha unha batería de medidas como as axudas para o acceso aos libros de texto e material escolar -que suman 25,6 M€ -, o comedor escolar bonificado, o transporte totalmente gratuíto, a dotación de recursos tecnolóxicos de balde para os nenos ou a conxelación das taxas universitarias que se intensificaron nos últimos meses coas que as familias galegas con fillos en idade escolar ou universitaria aforrarán arredor de 107 M€.

alumnos matriculados por concellos provincia lugo
0.13191604614258