O deporte universitario congrega máis de seiscentos estudantes en Lugo

LugoXa
Os XXV Campionatos Galegos Universitarios de Deportes Colectivos congrega máis de seiscentos estudantes na cidade de Lugo
Deporte USc
9 Mar 2023

Os XXV Campionatos Galegos Universitarios de Deportes Colectivos congregaron na capital lucense durante dúa xornadas a preto de 600 estudantes das tres universidades galegas, constataron o deporte como “unha experiencia capaz de conxugar unha extraordinaria convivencia cun alto nivel competitivo”, tal e como salientou o reitor da USC, Antonio López, na sesión de entrega de trofeos celebrada na Facultade de Veterinaria.

Acompañado dos reitor da UDC, Julio Abalde, e da vicerreitora de Extensión Universitaria da UVigo, Susana Reboreda, ademais dunha ampla representación institucional Antonio López, reiterou a actividade deportiva como “un complemento necesario da vida universitaria”, ao tempo que reiterou a forte aposta feita pola USC para ofrecer ao seu estudantado oportunidades para continuar coas disciplinas deportivas nas que estaban enrolados antes de comezar a súa andaina universitaria ou para iniciarse en novas modalidades.

O gran apoio institucional, tanto das administracións públicas como dos propios clubes e federacións deportivas, resulta fundamental para o éxito desta aposta polo deporte universitario. Antonio López trasladou tamén os seus parabéns aos propios estudantes universtiarios, aos que, alén dos éxitos deportivos colleitados nesta cita, felicitou de xeito explícito pola súa capacidade para fomar e integrarse en equipos nos que teñen cabida deportistas de alto nivel, deportistas federados e afeccionados, o que “implica unha gran capacidade de adaptación”, dixo.

Os XXV Campionatos Galegos Universitarios de Deportes Colectivos deixaron un balance exitoso para os deportistas da USC. De feito, os equipos de baloncesto, tanto na modalidade masculina como feminina, proclamáronse xa na primeira xornada campións autonómicos e conseguiron así a súa clasificación para o campionato nacional, unha cita que se desenvolverá en Segovia do 23 ao 26 de abril.

O equipo feminino de voleibol da USC, unha formación con fondo arraigo entre a comunidade universitaria do Campus de Lugo e no que militan algunhas xogadoras do Emevé, equipo que milita na Superliga feminina, tamén se proclamou campión universitario autonómico e representará a Galicia na cita nacional, que se desenvolverá do 24 ao 27 de abril en Valladolid.

Os éxitos deportivos da USC continuaron na xornada de clausura deste campionato, na que os equipos de rugbi e balonmán feminino venceron nas súas respectivas competicións, do mesmo xeito que o fixo o equipo masculino de fúbtol sala. Estes novos triunfos denotan o potencial do deporte feminino no seo da institución académica compostelá, ao tempo que converten  a USC na gran vencedora desta edición dos campionatos galegos. Os campionatos de España, aos que a USC accederá con seis equipos, desenvolveranse entre os meses de abril e maio.

A clasificación final e os resultados dos enfrontamentos individuais entre os equipos das USC, UDC e UVigo que tomaron parte na vixésima quinta edición dos Campionatos Galegos Universitarios de Deportes Colectivos e competiron en seis disciplinas deportivas
diferentes: fútbol, fútbol sala, baloncesto, balonmano, rugbi e voleibol, na modalidade masculina e feminina, están accesibles en liña.

Voley deporte USC

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18258309364319