O destacamento de bombeiros do Concello de Lugo volve de Valencia

LugoXa
A unidade, formada por dez efectivos, estivo centrada na apertura de vías, limpeza de garaxes e apoio á recuperación de infraestruturas
bombeiros-do-Concello-de-Lugo-DINA-Valencia
11 Nov 2024

O destacamento de bombeiros do Concello de Lugo regresa á cidade tras colaborar nas tarefas de limpeza e recuperación en poboacións  afectadas pola DINA.

“O traballo dos bombeiros lucenses é un orgullo para a nosa cidade; demostraron unha vez máis que están sempre dispostos a axudar a quen máis o necesita", subliñou a alcaldesa Paula Alvarellos.

A unidade, formada por dez efectivos, estivo centrada na apertura de vías, limpeza de garaxes e apoio á recuperación de infraestruturas clave como centros de saúde en áreas como Alfafar e Paiporta.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, destacou que os efectivos lucenses “recibiron numerosas mostras de cariño e gratitud por parte dos veciños, que valoraron enormemente o seu apoio neste momento difícil”.

En paralelo ao desprazamento do destacamento, o Concello activou un dispositivo de recollida de doazóns, ao que a alcaldesa agradeceu “a gran resposta da cidadanía, que demostra unha vez máis o carácter solidario e xeneroso da sociedade lucense".

Nos próximos días, a axuda será enviada unha vez remate o proceso de clasificación. Ademais, o Concello de Lugo activará novos dispositivos de recollida sempre que a Federación Valenciana de Municipios lle faga chegar novas necesidades.

0.13953804969788