O Dez Portas aposta polo tenis de mesa coma deporte inclusivo co seu primeiro torneo feminino en Lugo
O club deportivo Dez Portas Lugo TM organizou na cidade o I Torneo Feminino Afeccionado. A competición celebrada no Pavillón de Tenis de Mesa Frigsa - Lugo contou coa participación de 18 xogadores con idades comprendidas entre os 9 e os 59 anos, demostrando que se trata dun deporte máis inclusivo.
Ademais dos deportistas, as familias que os acompañaron tamén puideron gozar do deporte, con máis de 30 persoas practicando tenis de mesa. O torneo disputouse en sistema mixto, cunha primeira fase por grupos de 4 grupos de 4 e 5 xogadores e unhas segunda por Eliminatorias de 1/8 de final.
Finalmente, Ainhoa Núñez Fernández corouse como gran triunfadora. Tamén subiron ao máis alto do podio Xela Penas Goy, que acadou a segunda posición, e - Lucía Ramudo Vélez e Nahir Armesto Pallares, que quedaron terceiras.