O Dez Portas Lugo TM organiza o II Torneo Feminino de tenis de mesa o 13 de setembro en Frigsa

LugoXa
O evento celebrarase o 13 de setembro en Frigsa e está aberto a todas as xogadoras non federadas, sen límite de idade e con inscrición gratuíta
Torneo-feminino-tenis-de-mesa-Dez-Portas-Lugo
27 Jul 2025

O Clube Deportivo Dez Portas Lugo TM celebrará o vindeiro 13 de setembro de 2025 a segunda edición do seu Torneo Feminino de tenis de mesa.

competición desenvolverase no Pavillón de Tenis de Mesa de Frigsa, en Lugo, e dará comezo ás 16:30 horas.

O torneo está aberto a todas as xogadoras femininas, sen límite de idade, que non estean federadas, promovendo así a participación e a práctica deportiva entre as afeccionadas a este deporte.

A competición disputarase baixo o sistema mixto, cunha primeira fase por grupos e unha segunda por eliminatorias, garantindo así varios encontros para cada participante.

As inscricións estarán abertas ata o mesmo día do torneo, ata as 16:00 horas, e a participación será totalmente gratuíta.

⚙ Configurar cookies
0.17678785324097