O día 13 dará comezo en Lugo unha nova edición do Circuíto de Teatro Amador

LugoXa
As 4 representacións desta edición terán lugar entre o 13 e o 21 de setembro
circuito-de-teatro-amador
7 Sep 2025

Rubén Arroxo, tenente Alcalde do Concello de Lugo, xunto con Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, e Tareixa Campo, de Achádego Teatro, presentaron a nova edición do Circuíto Galego de Teatro Amador, a cita que cada ano achega ao auditorio Gustavo Freire catro representacións de compañías galegas non profesionais, organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado en colaboración coa área de Cultura do Concello de Lugo e coa consellería de Cultura.

Maite Ferreiro afirmou que "un ano máis volve o Ciclo Galego de Teatro Amador, no que poderemos ver a distintas compañías de teatro afeccionado realizar as súas últimas obras no Auditorio Municipal, achegando o teatro a toda a veciñanza".

A nova edición deste ciclo contará con catro representacións teatrais para todos os públicos, representadas por catro compañías diferentes de toda Galiza, que se levarán a cabo durante entre o 13 e o 21 de setembro no auditorio municipal Gustavo Freire.

As representacións desta edición son as seguintes:

  • - 13 de setembro ás 20:30 – Vivir con Hungtinton, de O Trasno Novo Teatro
  • - 14 de setembro ás 18:30 – Alimañas, de Gargallada Teatro
  • - 20 de setembro ás 20:30 – Yerma, de Teatro Antas de Ulla
  • - 21 de setembro ás 18:30 – Un mal día teno calquera, de Teatro de Cámara Ditea

Todas as representacións están destinadas público adulto. As entradas serán gratuítas e poderán retirarse no auditorio o día de cada representación ou no portal entradaslugo.es a partir do vindeiro luns.

⚙ Configurar cookies
0.19131302833557