O Día do Neno do San Froilán contará con tarifas reducidas

LugoXa
Os barraquistas instalados no recinto feiral do San Froilán continuarán traballando unha xornada máis ata o 13 de outubro
san froilan 2021 barracas recinto feiral1
12 Out 2021

Os barraquistas instalados no recinto feiral do San Froilán lle fixeron chegar ao Concello de Lugo unha proposta na que solicitaban poder continuar traballando unha xornada máis, ata o 13 de outubro, solicitude que a rexedora aceptou e que se levará a cabo “con motivo do Día do Neno e aplicando maiores descontos nas entradas”.

Desta maneira, o feiral, que ía pechar as súas portas mañá, día 12, proseguirá un día máis co compromiso por parte dos propietarios das barracas de reducir as tarifas dos tíckets, que custarán un 1,5 euros nas atraccións destinadas ao público infantil e 2 euros para a mocidade e os adultos. O recinto abrirá no seu horario habitual nun día laborable, de 17.00 horas a 1.00 horas.

A rexedora asegurou que “estas festas están a ser un revulsivo económico moi importante, non só para os barraquistas, senón para toda a cidade, “pero tamén social xa que os nenos e as nenas merecían uns días de diversión despois destas etapas tan duras”.

san froilan 2021 barracas recinto feiral3
san froilan 2021 barracas recinto feiral4
0.19106388092041