O dispositivo de limpeza de Lugo chega ao barrio de Galegos

LugoXa
O plan de concentración de dispositivos municipais de limpeza chegará este martes, 17 de agosto, ao barrio de Galegos.
lugo limpeza bancos praza maior
16 Ago 2021

O plan de concentración de dispositivos municipais de limpeza chegará este martes, 17 de agosto, ao barrio de Galegos, logo de concluír as tarefas previstas no Castiñeiro, Casás, Abella, A Residencia, as Gándaras e no Sagrado Corazón.

O obxectivo desta iniciativa é unificar os esforzos por contornas e mellorar, así, o acondicionamento da cidade, sen descoidar os labores ordinarios. Para iso, se está a actuar de forma integral en cada barrio cun amplo operativo integrado polas empresas encargadas da limpeza urbana, do mantemento das zonas verdes e de revisión dos parques infantís, contando co apoio das brigadas municipais.

Cómpre subliñar que dende o 2020, o Concello de Lugo leva tramitados un total de 341 expedientes por acumulación de maleza en predios particulares, instando aos seus propietarios a corrixir esta situación; 6 deles precisamente no barrio de Galegos.

Tras rematar nesta contorna, os traballos continuarán en Aceña de Olga, Fingoi, Augas Férreas, A Milagrosa, A Cheda, o centro da cidade, Fontiñas, Castelo – A Chanca, Barrio da Estación, Barrio Feijoo, Paradai, Frigsa, San Lázaro – A Ponte, A Louzaneta, Inmediacións do HULA e Montirón – San Fiz.

0.29133296012878