O documental sobre o SAF de Antas de Ulla recibiu un premio internacional no Festival de Milán

LugoXa
El documental sobre el Servicio de Ayuda en el Hogar de Antas de Ulla ganó un premio internacional en el Festival de Milán.
documental saf antas
19 Abr 2022

O traballo documental sobre o Servizo de Axuda no Fogar de Antas de Ulla estreado o pasado mes de decembro vén de recibir un premio internacional e de ser seleccionado noutro festival en Italia. En concreto, o proxecto foi galardoado como mellor curtametraxe documental no Festival de Milán (Milan Gold Awards) e participou na selección oficial do Festival de Florencia (Florence Film Awards), na categoría de mellor curtametraxe documental.

Este traballo documental, creado pola produtora lucense 60Ráfagas, foi realizado para o acto de entrega da Medalla de Ouro do Concello de Antas de Ulla ao Servizo de Axuda no Fogar, que se celebrou o 22 de decembro de 2021 e estivo presidido polo Xefe do Executivo Galego, Alberto Núñez Feijóo.

No traballo, cuxa rodaxe se prolongou varias semanas, pódese ver o día a día das persoas receptoras da axuda no fogar de Antas de Ulla e a atención que reciben por parte das súas coidadoras.

O Concello de Antas de Ulla pretendía que fora unha homenaxe a todas as mulleres que conforman o servizo e ao seu bo facer, nomeadamente pola súa enorme labor durante a pandemia.

Este recoñecemento, sinala o rexedor, Javier Varela, “serve para que o vídeo se volva ver e para seguir dándolles as grazas ás coidadoras polo seu traballo e pola súa entrega diaria”. Aproveita tamén para agradecerlles ás familias que participaron no proxecto “a súa xenerosidade á hora de abrirnos as portas dos seus fogares”. Unha gratitude que estende tamén á produtora 60Ráfas “pola súa empatía e por ter captado tan ben o día a día dun servizo fundamental para o Concello de Antas de Ulla, que se vén prestando desde hai máis de 25 anos”.

0.20062899589539