O Dojo Arena sitúa Lugo no epicentro dos deportes de contacto e as artes marciais

LugoXa
O evento conta con exhibicións de defensa persoal e de kickboxing; seminarios a cargo de deportistas de primeiro nivel como César Alonso ou Ángel Moreno ‘Goldenboy’; e cunha velada de boxeo
Inauguración-Dojo-Arena-Lugo
22 Nov 2024

A primeira feira nacional de deportes de contacto e artes marciais ‘Dojo Arena’, que se celebra no Pazo de Feiras de Lugo e que durante tres días; situará á cidade no epicentro destas disciplinas, que contan cada vez con máis adeptos.

O evento, que conta co patrocinio da Xunta, conta con exhibicións de defensa persoal e de kickboxing; seminarios a cargo de deportistas de primeiro nivel como César Alonso ou Ángel Moreno ‘Goldenboy’; e cunha velada de boxeo, con doce combates.

O delegado territorial da provincia de Lugo, Javier Arias, agradeceu aos organizadores da ‘Dojo Arena’ o traballo realizado para traer a Lugo esta feira, que se celebra por primeira vez en España, e que “ademais de fomentar a práctica deportiva, funcionará como escaparate para a promoción turística da cidade, demostrando tamén o seu potencial para acoller eventos de todo tipo”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18529009819031