O edil condenado en Guntín por explotación laboral presenta a súa dimisión

LugoXa
Renuncia á súa acta como concelleiro e solicitará tamén a baixa no PP
concello-guntin
19 sep 2024

O concelleiro de Guntín, José Vázquez Barreiro, presentou un escrito no rexistro municipal no que comunica a súa renuncia á acta de concelleiro polo Partido Popular e ás obrigas derivadas da súa condición de membro do goberno local.

José Vázquez Barreiro comunicou no mesmo momento ao alcalde, Ángel Pérez, a súa decisión adoptada de forma voluntaria e coa convicción de que “é o mellor” para non danar a imaxe do Concello, nin do goberno municipal, nin do Partido Popular.

A ese respecto, tamén solicitará a suspensión da militancia no Partido Popular.

Nin a dirección do PP local nin provincial coñecían previamente os feitos nin a situación do ata agora concelleiro que vén de tomar esta decisión de forma persoal.

0.19617605209351