O Eixo Atlántico ofrécese a acoller refuxiados trala crise humanitaria de Ucrania
A situación de crise humanitaria provocada pola invasión de Rusia a Ucrania afecta de xeito grave e directa á poboación civil. Ante esta situación, o Eixo Atlántico deu unha resposta coordinada ofrecéndose para a acollida de refuxiados na medida das posibilidades de cada unha das cidades.
Ata o mediodía de hoxe, mércores 2 de marzo, 22 cidades manifestaron a súa dispoñibilidade para a acollida, si ben, a Secretaría Xeral do Eixo Atlántico prevé que aínda poidan ofrecerse máis cidades dado que esta semana foi anómala por causa do Entroido, tanto en Portugal como en Galicia.
En moitas das cidades galegas e do norte de Portugal vive un elevado número de cidadanía ucraniana, perfectamente integrada polo que se priorizarán os reagrupamentos familiares.
Dende o Eixo Atlántico, segundo anunciou a súa Presidenta, Lara Méndez, esta mañá nunha conferencia de prensa virtual, contactarase hoxe mesmo coas embaixadas de Ucrania, en Portugal e en España, así como co Presidente do Gobierno de España, Pedro Sánchez, e o Primeiro Ministro de Portugal, António Costa, para trasladarlles a disposición das cidades con capacidade para acoller refuxiados.
Si xa no pasado, as cidades do Eixo Atlántico exerceron a solidaridade dos seus cidadáns en outras crises humanitarias, a rapidez coa que se están sucedendo os acontecementos, a intolerable acción de Rusia e o elevado número de refuxiados que están fuxindo de Ucrania en menos dunha semana de conflito, fixeron preciso que as cidades europeas responderan rapidamente para evitar o colapso dos servizos nos países limítrofes que se están prestando a iso.
Por iso, dende o Eixo Atlántico tamén piden as cidades que en todos os foros que participen fagan unha chamada á solidaridade dos concellos y cidadáns para acoller.