O encontro entre o CB Breogán e o Hereda San Pablo Burgos visibilizará a labor de Alar Galicia

LugoXa
El encuentro entre el CB Breogán y el Hereda San Pablo Burgos del próximo domingo dará visibilidad a Alar Galicia.
reunion foz rueiro
1 Abr 2022

O CB Breogán dedicará o encontro do vindeiro domingo (CB Breogán – Hereda San Pablo Burgos, 12:30 horas) a visibilizar e poñer en valor a labor de Alar Galicia co Proxecto Coaching Menores, un programa de axuda e acompañamento a menores en situacións de vulnerabilidade.

A iniciativa presentouse no Pazo de San Marcos nun acto no que participaron o deputado de Deportes, Efrén Castro, o presidente de Alar Galicia, Fernando González, e o director xeral do CB Breogán, Tito Díaz.

O presidente de Alar Galicia agradeceu a colaboración do CB Breogán e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo con este proxecto co que, desde o ano 2001, prestaron apoio a máis de mil menores” e sinalou que “desde Alar Galicia consideramos o deporte como unha peza fundamental para o crecemento social, físico e intelectual dos menores, por iso levamos anos realizando diversos convenios e protocolos de colaboracións con entidades deportivas de Lugo para, conxuntamente, botar unha man ás familias que máis o necesitan e que os nenos e nenas teñan no ámbito do deporte oportunidades que, doutra maneira, polas súas situacións persoais, quizais non terían”.

O deputado de Deportes e o director xeral do Río Breogán coincidiron nas súas intervencións en remarcar o papel do deporte na socialización durante a infancia e a adolescencia, que se enfronta a unha realidade complexa, cun gran peso das tecnoloxías e das redes sociais, e animaron a Alar Galicia a continuar coa súa labor.

A iniciativa desenvólvese no marco do acordo de patrocinio co que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia ao CB Breogán e que inclúe, entre outras accións, a participación do club en iniciativas de sensibilización e visibilización realizadas por entidades sociais, no fomento do deporte e dos hábitos saudables con visitas a centros educativos ou na posta en valor de recursos e espazos culturais, patrimoniais e ambientais.

0.10111594200134