O encontro Impulso Feminino reúne máis de 30 empresarias nunha xornada dinámica en Lugo

LugoXa
Organizado pola Asociación de Mulleres Empresarias co apoio da área de Muller do Concello, o evento puxo en valor proxectos liderados por mulleres da provincia
encontro-Impulso-Feminino-AELU-Lugo
18 Mar 2026

O encontro Impulso Feminino, organizado pola Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo (AELU) co apoio da área de Muller e Igualdade do Concello, converteuse nun éxito, contando cunha ampla participación e reunindo a máis de 30 empresarias entre ponentes e asistentes.

A xornada desenvolveuse no Edificio Impulsa Verde nun ambiente "moi dinámico e participativo", no que se puxeron en valor diferentes proxectos empresariais liderados por mulleres da provincia. Tanto as socias como as persoas asistentes amosaron unha valoración moi positiva do encontro e trasladaron o seu interese en que se sigan organizando iniciativas deste tipo.

Desde a Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo agradecen a implicación de todas no evento e avanzan que xa están a traballar na organización de novos encontros en futuras datas.

Pola súa parte, a concelleira de Muller, Igualdade e Inclusión, Ángeles Novo, destacou “o éxito desta iniciativa e puxo a AELUcomo exemplo de referencia do talento feminino que hai na nosa cidade, ao tempo que valorou a posibilidade de realizar novas iniciativas, en colaboración con Aleu, dirixidas a mulleres emprendedoras.

Xunto á presidenta da asociación, Juana Eiroa, e á tesoureira Beatriz Varela, a edil de Muller e Igualdade puxo en valor a actividade que leva a cabo Aelu desde 1988, a prol de mulleres empresarias, que na actualidade representa a máis de 150 empresas integradas, propietarias, copropietarias, socias e accionistas que desenvolven o seu traballo en empresas de distintos sectores.

Neste sentido, Ángeles Novo fixo fincapé en que “con este networking, o obxectivo do Concello de Lugo foi mostrar o talento feminino que hai en Lugo, darlle visibilidade, ao tempo que poñemos en valor o traballo da muller.

0.14037799835205