Palas de Rei celebrará o entroido os días 26 e 28 de febreiro

LugoXa
Palas de Rey organiza una fiesta de carnaval. El concurso será el 26 de febrero y las actividades infantiles el 28 de febrero.
entroido palas de rei2
20 Feb 2022

O Concello de Palas de Rei organiza para os días 26 e 28 de febreiro a programación do entroido.

O sábado 26, será o desfile de entroido ás 18.30 horas, con entrega de premios ás 21.00 horas, no que o Concello ten previsto repartir 920 euros, distribuídos en tres categorías (individual, grupos ata cinco persoas e grupos de máis de cinco persoas) cada unha delas, ten: primeiro, segundo e terceiro premio, así como tamén haberá un premio especial á orixinalidade.

Na categoría individual, o gañador do primeiro premio levará un importe de 85euros, o segundo 30 euros e o terceiro 20 euros. Os grupos de ata 5 persoas terán un primeiro premio de 100 euros, un segundo de 50 euros e un terceiro de 25 euros. Os grupos de máis de 5 persoas levarán un primeiro premio de 270 euros, un segundo de 120 euros e un terceiro de 70 euros. O premio á orixinalidade será de 150 euros.

O luns 28, ofreceranse xogos inchables na Praza do Concello ás 16.30horas con entrega de merenda individual ás 18.00 horas.

0.17437314987183