O Entroido volve a Val de Francos o día 1 de marzo

TerraChaXa | LugoXa
Co seu humor característico, presentouse unha nova edición do Entroido de Val de Francos, que volve tralo parón da covid o día 1 de marzo.
diptico VAL DE FRANCOS 2022 DEFINITIVO
11 Feb 2022

Co seu humor característico, presentouse unha nova edición do Entroido de Val de Francos, que volve tralo parón da covid o día 1 de  marzo, martes, para as parroquias de Ansemar, Balmonte e Goberno.

A festa dará comezo ás 16.00 horas coa actuación dos Valuros de Castro de Rei. Seguidamente realizarase a inauguración da exposición fotográficca dos 30 anos de entroido a cargo de Francisco Balado, alcalde do Concello, e Xosé Manuel Blanco, escritor.

Non faltará a chegada do Antroido ao Campo do Carril, a lectura do sermón e a queima do Antroido.

Ás 17.45 horas será tempo de música a cargo do dúo Estrellas e o sorteo de produtos típicos destas datas.

Ás 19.00 horas continuará a música coa actuación da recanteira Marta Pacín e o baile a cargo da orquestra Finisterre e o dúo Estrellas novamente, ata a madrugada.

0.10067892074585