O equipo Alpha Wolf Pack acadou brillantes resultados no Open Internacional FIJJD de Ponferrada

O equipo Alpha Wolf Pack, pertencente ao Wolf Pack Team de Lugo e dirixido por Luis Castaño, colleitou brillantes resultados no Open Internacional FIJJD de Ponferrada, celebrado no pavillón universitario da cidade leonesa, con participación de clubs de toda España e do estranxeiro.
Na categoría Kids, destacou a excelente actuación dos seus novos competidores. Así, conseguiron a medalla de ouro Mark Flores e Gonzalo Cobas; acadaron a prata Samuel Fernández, Daniel Flores, Valeria Flores e Víctor Mena; e Iria Cobas obtivo o bronce.
Pola súa banda, Alejandro Mena fíxose con dúas medallas de ouro (con e sen kimono), Brian Lorenzo logrou prata con kimono e bronce sen kimono, Yoel Barrios conseguiu dobre bronce (con e sen kimono), Adrián González sumou un bronce con kimono e Iván Miguel, unha prata sen kimono.