O equipo cadete do Ribeira FS clasificouse para xogar a Final Four do Campionato de España
O Ribeira FS cadete masculino xa están entre os mellores equipos de España. Certificou o billete esta fin de semana para a Fase Final do Campionato de España de Clubs de Base de fútbol sala nas distintas fases previas que se disputaron ao longo do país. Agora espera a Final Four para loitar polo título, unha cita que se celebrará os días 17 e 18 de xuño.
O Ribeira FS fixo os deberes nesta fase previa e xa ten o billete para loitar polo título nacional. O conxunto galego disputou a previa en Valladolid e fixo pleno ao sumar 9 puntos de 9 posibles.
Os galegos derrotaron al Valladolid Tierno Galván (3-5), á AD San Juan (1-9) e ao Otxartabe (5-1) e pasan como primeiros do seu grupo.
Este equipo foi campión de Liga este ano, título que arrebato en duelo directo ao Burela na última xornada.
Pola contra, o equipo benxamín do mesmo club fixo historia de novo e participou nesta mesma fase previa do Campionato de España. Non tiveron tanta fortuna como o cadete, e malia xogar moi ben e facer un gran papel, non lograron quedar como primeiros de grupo, tendo de conformarse coa segunda praza o que os apea da competición nacional xusto antes de entrar en cuartos.