O equipo de LALIGA GENUINE do Club Deportivo Lugo participou no inicio da tempada en Tarragona
Os xogadores de LALIGA GENUINE do Club Deportivo Lugo participaron da sétima edición da “mellor competición do mundo”, na que 16 deportistas achegáronse ata Tarragona para desfrutar de xornadas “repletas de emoción e valores”, competindo cos outros 46 equipos que conforman LALIGA.
Ademais, os participantes, que levaron a cabo a competición no Nou Estadi Costa Daurada, estadio do Nàstic de Tarragona, estiveron arroupados por afeccionados, amigos e familiares, que os animaron no desfile inaugural cos himnos dos equipos.
Nesta competición, priman os valores da tolerancia, o xogo limpo e a deportividade, pero cabe resaltar os resultados do equipo inclusivo albivermello, que gañaron na xornada 1 contra o FC Andorra, pero caeron contra o Córdoba CF e contra o Nástic de Tarragona.
Despois desta primeira fase da tempada, a seguinte cita será na fin de semana do 15 e 16 de marzo na Coruña.