O equipo de debate de 4º de ESO de Maristas Lugo clasifícase para a final do Parlamento Xove

LugoXa
"Gañar os tres debates nun mesmo fin de semana é un logro extraordinario e reflicte o talento e a preparación do noso equipo", sinalaron desde o centro educativo
Debate-Maristas-Lugo-Parlamento-Xove
18 Mar 2025

O equipo de debate de 4º de ESO do colexio Maristas Lugo A Inmaculada clasifícase para a final do Parlamento Xove, tras gañar os tres debates disputados.

"Con esta destacada actuación, o grupo asegurou a súa presenza na fase decisiva deste prestixioso torneo autonómico", sostiveron dende o centro educativo.

O Parlamento Xove, organizado pola Xunta de Galicia, é un certame que busca fomentar o pensamento crítico e a capacidade argumentativa dos estudantes. Ao longo da competición, os equipos deben defender e refutar posturas sobre temas de actualidade, demostrando as súas habilidades de análise, comunicación e traballo en equipo.

Dende o colexio Maristas Lugo expresaron o seu orgullo polo esforzo e o nivel demostrado polos alumnos. "Gañar os tres debates nun mesmo fin de semana é un logro extraordinario e reflicte o talento e a preparación do noso equipo", sinalaron dende o centro educativo.

⚙ Configurar cookies
0.35679697990417