O equipo de fútbol gaélico de Friol, campión galego Sub 15

O equipo de fútbol gaélico do CPI de Friol proclamouse campión galego sub 15 no campionato autonómico celebrado en Boqueixón (A Coruña), tras unha destacada participación na que amosou un alto nivel competitivo ao longo do torneo.
O conxunto, xestionado polo propio centro educativo e adestrado por Alexander Sanmartín, acadou este éxito grazas ao traballo colectivo e á progresión dos xogadores, consolidándose como un referente nesta disciplina a nivel autonómico.
Coa consecución deste título, o equipo representará a Galicia no campionato de Europa que se celebrará o vindeiro 2 de maio en Maastricht (Países Baixos), onde competirá con outros equipos internacionais nunha cita de gran relevancia para o fútbol gaélico base.