O equipo de Goberno de Friol obsequiaron aos usuarios do Centro de Día
As persoas que están asistindo ao Centro de Día que Afalu está xestionando no Concello de Friol, recibiron a visita de parte do equipo de Goberno local e de membros de dirección de Afalu, que lle fixeron entrega duns detalles, cos que o alcalde quere mimar, en estas datas tan sinaladas, a estas persoas maiores que desfrutan de este servizo tan necesario para a comarca.
Este centro está en funcionamento dende fai uns dous meses, e dispón de 15 prazas públicas, financiadas pola Xunta, a cal destina 170.000 euros ao ano para a prestación de servizos de atención e transporte neste centro. Así mesmo, tamén colabora con Afalu na posta en marcha dos centros de día que esta asociación ten en Lugo e Ourense, así como noutros programas de prevención e estimulación cognitiva.
O alcalde José Á. Santos destacou a importancia deste servizo e deste centro que xestiona Afalu, como tamén do apoio da Xunta, particularmente da Consellería de Política Social, a cal agradece a súa titular, Fabiola Garcia o esforzo económico que supón a apertura deste centro e a sensibilidade que sempre ten con Friol.
Nese sentido, o rexedor, considera “que é un servizo moi valioso e necesario para a poboación que ten algún tipo de problema relacionado coa demencia especialmente co Alzheimer, xa que os profesionais deste centro teñen recursos suficientes para poder traballar con estas persoas e conseguir loitar contra esta enfermidade, e incluso que poidan recuperar certas facultades que viron reducidas”, e tamén indicou que “con este xesto queremos ter un pequeno detalle con un sector tan importante na nosa sociedade como son os nosos maiores, e transmitirlles que dende o Concello de Friol estaremos sempre á súa disposición, para todo aquelo que necesiten e no que poidamos axudarlles”