O equipo de Goberno de Monterroso afea as críticas do BNG sobre as axudas á accesibilidade
O equipo de Goberno de Monterroso afea ao BNG polas críticas sobre as axudas da Xunta de Galicia á accesibilidade nas que acusan ao PP "de falta de compromiso coa veciñanza pola falta de melloras na accesibilidade na casa consistorial".
O Goberno local quere aclarar que a liña de axudas á que fai referencia o BNG "pode cubrir o 100% do investimento que se solicita, ata un máximo de 48.500 euros".
Así mesmo, din que o voceiro do BNG "descoñece o custe da reforma do Concello e que supera amplamente os 150.000 euros. Tamén descoñece os prazos e as autorizacións que require esta actuación".
Os populares engaden que "aos prazos para os permisos, engádese o feito de que o Concello non dispón da cantidade necesaria para executar as obras", segundo o equipo de Goberno "débese á situación económica derivada da xestión da anterior alcaldesa".
https://galiciaxa.com/2023/11/lxa/zonas-lxa/monterroso-lxa/238977/