O equipo feminino da SD Antas proclámase campión da Copa Deputación tras vencer ao CD Lugo

LugoXa
Desde o Concello de Antas de Ulla trasladouse unha felicitación pública ás xogadoras polo seu esforzo, dedicación e por este novo éxito deportivo
Sd-Antas-feminino
19 Jun 2025

O equipo feminino da SD Antas proclamouse este mércores campión da Copa Deputación de Lugo tras impoñerse ao feminino do Club Deportivo Lugo nun emocionante partido que se resolveu na quenda de penaltis.

A igualdade entre ambos conxuntos mantívose ao longo do encontro, que rematou sen un claro vencedor, levando a definición ao punto fatídico, onde o Antas amosou máis acerto.

Desde o Concello de Antas de Ulla trasladouse unha felicitación pública ás xogadoras polo seu esforzo, dedicación e por este novo éxito deportivo que consolida o bo momento do fútbol feminino no municipio.

O título da Copa Deputación representa un recoñecemento ao traballo dun equipo que vén medrando tempada tras tempada.

⚙ Configurar cookies
0.18656086921692