O equipo infantil do PortaMiñá proclámase campión galego en Pontevedra
O equipo infantil do Club de Natación PortaMiñá de Lugo proclamouse campión galego na clasificación conxunta e campión feminino no Campionato Galego Infantil esta fin de semana en Pontevedra. Trátase dun extraordinario traballo dos nadadores e nadadoras, xa que cada un demostrou compromiso, dedicación e un gran espírito de equipo ao longo desta fin de semana. “Este triunfo vai máis aló dos récords e as medallas... É a suma de como o noso equipo técnico e nadadores apóianse mutuamente, en como cada un achegan e supéranse nos momentos difíciles”, explican dende o PortaMiñá.
Os resultados súmanse aos conseguido no Campionato Galego Junior/Absoluto, ao logrado no Campionato Galego Alevín e á presenza de nadadores e nadadoras nas seleccións galegas, o que demostra que son un gran club, unha gran familia unida pola súa paixón pola natación e o seu compromiso de superación constante.