O equipo júnior feminino do Emevé xa é por segundo ano consecutivo campión de España
LugoXa
A xogadora luguesa Blanca Jiménez foi distinguida tamén como a mellor do torneo
O equipo do Emevé recibindo o título
19 May 2024
O Emevé volveuno facer e esta fin de semana logrou por segundo ano consecutivo o título de campioa de España na categoría júnior feminino.
As luguesas chegaron á proba, que se disputou en Las Palmas de Gran Canaria como campioas galegas logo dunha gran tempada. O obxectivo era conseguir novamente alzarse co ouro, despois de que o ano pasado derrotaran na final ao Barça.
Dito e feito, as luguesas pecharon a primeira fase do campionato como campioas de grupo cedendo un set nun dos encontros.
Na fase de oitavos e cuartos seguiron sumando vitorias para chegar á semifinal derrotando ao Premiá de Dalt Maresme.
O título foi logrado ante o Hidramar Gran Canaria. Ademais a xogadora luguesa Blanca Jiménez foi distinguida como a mellor do torneo.