O equipo xuvenil feminino do Emevé proclámase de novo campión galego

O equipo xuvenil feminino do Emevé proclamouse este ano, novamente, campión galego da categoría, nunha final a catro celebrada no pavillón da Pinguela, en Monforte.
Nesta proba final, superaron en primeiro lugar ao Korbis, nun partido altamente competitivo que tivo que alongarse ata o quinto set. O resultado da final foi máis amplo, e o Emevé venceu ao Cidade da Coruña por 3-1.
O conxunto lugués superou a fase de grupos na primeira posición, oito puntos por riba do segundo, o Oleiros. Fixeron as luguesas unha tempada incrible, na que non houbo ningunha derrota, vencendo no 18 partidos xogados.
Coa vitoria, o Emevé consegue tamén o pase ao Campionato de España de Clubs, onde representará a Galicia na súa categoría.
Na final masculina, que tivo lugar no mesmo pavillón, o equipo de Lugo obtivo unha medalla de bronce logo de superar a fase de grupos na cuarta posición, dous puntos por baixo do terceiro e catro do segundo.
Na final a catro, o Emevé xuvenil masculino caeu ante o local, o Korbis, por 3-1 pero logo, na final, superou ao Oleiros, ao que venceu nun agónico duelo por 3-2.