O Escenario Hipócrita de Lugo acollerá o espectáculo 'Lear en las catedrales'

LugoXa
Será o vindeiro sábado, 14 de decembro, ás 20.00 horas
Lear-en-las-catedrales
6 Dec 2024

O Escenario Hipócrita de Lugo acollerá o espectáculo unipersoal Lear en las catedrales da compañía cántabra Ábrego Producciones, protagonizado pola actriz María Vidal e escrita e dirixida por Pati Domenech, o vindeiro sábado, 14 de decembro, ás 20.00 horas.

En Lear en las catedrales presentan a un Rei Lear que se enfronta á decadencia e ó olvido froito do alzhéimer e a unha actriz en pleno proceso de ensaio da obra de Shakespeare que perde a memoria e vai suplindo o texto orixinal con lembranzas propias.

María Vidal e Pati Domenech levan máis de vinte anos percorrendo escenarios de todo o mundo con espectáculos de ética e estética comprometida con valores e causas que non deixan indiferente a ninguén. O seu labor teatral foi merecedor de múltiples premios, tanto a nivel nacional como internacional.

⚙ Configurar cookies
0.14337205886841