O escritor Agustín Agra presentou a súa obra 'O libro das contrarias', obra gañadora do Certame Ánxel Fole

O escritor Agustín Agra presentou a súa obra 'O libro das contrarias', obra gañadora do Certame Ánxel Fole do Concello de Lugo.
No acto, estivo tamén o escritor Xerardo Quintía e a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, formando parte este evento da programación da Feira do Libro de Lugo.
Durante a presentación, Ferreiro puxo en valor o compromiso do Concello co fomento da creación literaria e o recoñecemento ao talento galego: “O Premio Ánxel Fole é unha mostra do apoio decidido do Concello de Lugo á narrativa en galego. Apostamos por crear espazos de visibilidade para autoras e autores do país e por promover o hábito lector entre todas as idades”.
A concelleira destacou tamén a calidade da obra de Agustín Agra, que foi recoñecido por un xurado profesional pola súa orixinalidade e riqueza expresiva: “O libro das contrarias conecta cunha tradición literaria propia e ao tempo arrisca cunha proposta nova, polo que é un exemplo do dinamismo e da vitalidade da nosa literatura”.