O espazo cultural Lorenzo Varela acolleu a exposición realizada no Taller Daulloa por Cogami
A deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto inaugurou en Monterroso a mostra 'Inevitable', unha crítica social pola liberdade sexual e de xénero.
O espazo cultural Lorenzo Varela acolleu a exposición realizada no Taller Daulloa polos usuarios e usuarias de Cogami, que contou cunha achega da institución provincial de 38.000 euros.
García Porto destacou o “poder transformador” da arte e deste espazo que, con 15 obras, “é unha chamada á reflexión sobre a liberdade sexual, fundamental para construír unha sociedade máis xusta e igualitaria”.
A exposición chega ao concello monterrosino logo de estar aberta ao público no Museo Provincial, en Lugo, e no Pazo de Tor, en Monforte de Lemos, e poderase desfrutar ata o 13 de decembro.
Durante o acto, os propios artistas aproveitaron para explicar as súas obras, nas que utilizaron de base paneis de madeira coas cores da bandeira LGTBI.