O espazo peonil situado entre as rúas Rof Carballo e Vila Verde será renovado

LugoXa
O espazo peonil situado entre as rúas Rof Carballo e Vila Verde será renovado segundo anunciou o concelleiro de Infraestruturas Urbanas
Renovación pavimento
28 Nov 2022

O espazo peonil situado entre as rúas Rof Carballo e Vila Verde será renovado segundo anunciou o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas. Penas explicou que “este treito sufre un amplo desgaste, o que impide a boa mobilidade e accesibilidade”.

O concelleiro de Infraestruturas explicou que o actual adoquín será substituído por formigón impreso, “mantendo a estética da contorna cun pavimento que non sufrirá tanto desgaste”. Penas anunciou que o adoquín actual será reutilizado pola Brigada Municipal de Vías e Obras “para realizar reparacións na cidade”.

Xunto coa renovación do pavimento, o goberno de Lugo renovará unha canalización de alumeado público e as rexas situadas ao pé das escaleiras.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18635082244873