O espectáculo de Mevadeus represéntase no auditorio municipal como parte do Lugo en Danza

LugoXa
Como parte do programa Lugo en Danza, este venres 1 de marzo o auditorio municipal Gustavo Freire acolle unha nova proposta.
mevadeus_lugo_en_danza
1 Mar 2024

Como parte do programa Lugo en Danza, este venres 1 de marzo o auditorio municipal Gustavo Freire acolle unha nova proposta. Trátase da peza Outrora nós de Mevadeus da que se poderá gozar a partir das 20.30 horas.

É unha peza que achega a historia de catro rapaces, pertencentes á xeración Z. Os mozos fan unha viaxe entre pasado e presente coa premisa de saber: quen seríamos nós outrora nós? O presente mestúrase co pasado ao mesmo tempo que empezan a florecer o amor, a loita, o medo, a violencia e a tradición.

Unha mocidade que se atopa para descubrir respostas sobre quen son e cara a onde van co desexo de evitar os erros dun pasado que aínda nos pertence e parece estar máis presente que nunca.

LED Lugo en Danza é un ciclo de programación e mediación cultural que xira en torno á danza e ás artes do movemento. Búscase apostar polo traballo dos artistas da comunidade galega, abrindo un novo espazo para a difusión das súas pezas.

0.22444915771484