O Feirón Fest estrearase o 20 de decembro no Pazo de Feiras con música e ambiente breoganista

LugoXa
Peña Breogán e Embreogados BL impulsan a primeira edición dun evento con Marvin L, Carta de Ajuste, Monoulious Dop e o DJ Feten
Feirón-Fest-cartel-portada
7 Dec 2025

Os colectivos Peña Breogán e Embreogados BL poñen en marcha a primeira edición do Feirón Fest, unha proposta musical que se celebrará o 20 de decembro no Pazo de Feiras, a partir das 19.00 horas. A iniciativa nace coa intención de reunir a todas as persoas que queiran gozar dunha tarde-noite de concertos nun ambiente festivo e ligado á afección breoganista.

O Feirón Fest contará coas actuacións de Marvin L, Carta de Ajuste, Monoulious Dop e o DJ Feten, conformando un cartel variado que combina diferentes estilos e garantías de animación para o público asistente. Os organizadores sinalan que o obxectivo é crear un espazo de encontro, celebración e música para a cidade.

A Peña Breogán, con máis de tres décadas de historia, leva animando ao Breogán desde 1991, converténdose nun dos piares do apoio ao equipo galego. Na actualidade forma parte tamén da Bancada 1966, o que reforza o seu papel como colectivo esencial na dinamización da afección lucense.

⚙ Configurar cookies
0.10703492164612