Lucía Freitas, Héctor López e Daniel Guzmán estarán no festival Nos seus pés

LugoXa
Juan M.
'Nos seus pés' Lugo
15 Abr 2024

Juan M. Crujeiras, Daniel Guzmán, Héctor López, Lucía Freitas, Javier Olleros, Iñaki Bretal, Javier Ponte, Javier González ou Xosé Magalhaes acompañarán a Alvaro Villasante na cociña do festival gastronómico e cultural Nos seus pés, que se celebrará o vindeiro 3 de maio nos Xardíns da Deputación de Lugo.

O evento, organizado polo chef lucense e o grupo Nove coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación, busca recoller fondos para a oenegué ProemAID, centrada no rescate e na atención a persoas en risco no mar. 'Nós seus pés', que se vén celebrando en distintas localidades de Galicia co impulso de recoñecidos chefs, incluirá tamén música en directo e intervencións artísticas.

A conta atrás comezou cunha foto simbólica a carón da estatua de Castelao, na Rúa Raíña de Lugo, na que participaron o vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, e o concelleiro de Infraestruturas Urbanas de Lugo, Álex Penas. Ademais, proxectouse o documental '24 millas', dirixido por Asier García e Unax Blanco, que  recolle o primeiro rescate no Mediterráneo realizado por ProemAID, no ano 2017, no Restaurante Paprica.

0.19292616844177