O Festival Mundial do Ilusionismo chega o martes a Outeiro de Rei

TerraChaXa | LugoXa
O Festival Mundial do Ilusionismo Galicia Ilusiona percorre 17 concellos lucenses desde o 3 de agosto e chega a Outeiro de Rei
maxia galicia xacobeo provincia
25 sep 2022

O Festival Mundial do Ilusionismo Galicia Ilusiona percorre 17 concellos lucenses desde o pasado 3 de agosto con outras tantas actuacións de recoñecidos magos e magas. Este martes chegará a Outeiro de Rei coa actuación dun mago ás 12.30 horas no colexio, nunha actuación para o alumnado.

Da man do Xacobeo 21-22, a Xunta de Galicia leva por toda a provincia distintos espectáculos de maxia de preto, extrema, maxia na rúa, solidaria e unha gran gala, coa presencia de sete dos mellores magos e magas a nivel mundial.

Os dous directores deste festival, os magos galegos Pedro Bugarín e Dani Polo, foron os encargados de deseñar un programa con máis de 220 actuacións en máis de cen concellos galegos.

Ademais de na cidade de Lugo, Galicia Ilusiona está a levar a maxia ata outros 16 concellos nos que actuaron e actuarán algúns dos mellores ilusionistas actuais como o Mago Teto, Nacho Samena, Patri Zenner e Roberto Lolo. Todos eles están a levar a súa maxia ata Burela, Chantada, Cervo, Castro de Rei, Foz, Cospeito, Guitiriz, Friol, Monforte de Lemos, Sober, Outeiro de Rei, Monterroso, Ribadeo, Sarria, Vilalba e Viveiro.

cartas mago maxia
0.12304282188416