O festival Pista Extra reunirá o 29 de novembro en Lugo a destacadas bandas da escena punk e alternativa

LugoXa
A cita, organizada por A Candeloria, ofrecerá máis de doce horas de música no Pazo de Feiras e Congresos
A-Candeloria-Pista-extra
26 Nov 2025

O festival Pista Extra Vol. 2, organizado por A Candeloria, regresará este 29 de novembro ao Pazo de Feiras e Congresos de Lugo cun cartel que reunirá algunhas das propostas máis identificables da escena punk e alternativa.

A xornada arrancará con sesión vermú a cargo de Arremecághona’s Produccións, ás 13:00 horas na zona da Calzada Romana, como antesala dunha programación intensa que comezará oficialmente coa apertura de portas ás 16:30 horas.

O primeiro en subir ao escenario será Jordi Pánico, que ofrecerá varias intervencións ao longo do día como fío condutor entre actuacións.

Ás 17:00 horas será a quenda de Manolo Kabezabolo, seguido de Faul, que actuará ás 18:15 horas, e de GBH, unha das bandas internacionais máis agardadas, que chegará ás 19:35 horas.

A noite continuará co concerto de Evaristo ás 21:05 horas, ao que seguirá ás 23:20 horas Catalina Grande Piñón Pequeño, antes de dar paso xa de madrugada ao enérxico directo de Talco, programado para as 00:50 horas.

A programación pecharase arredor das 2:35 da madrugada co grupo C&B, poñendo fin a unha maratón musical que promete converter Lugo no epicentro dunha das citas máis potentes do outono cultural galego.

⚙ Configurar cookies
0.063208103179932