O Festival Urban Cores terá lugar este sábado

LugoXa
Lugo acollerá o Festibal Urban Cores cun sábado cheo de programación musical, arte urbano e actividades deportivas
Festival Urban Cores Atlánticas portada 2
22 Mar 2023

O Festival Urban Cores Atlánticas albergará o vindeiro sábado, 25 de marzo, na rúa 8 de Marzo, nas inmediacións do centro comercial As Termas, exhibicións de skate, pintado de graffitis, batallas de galos ou actuacións en directo de DJs, unha oportunidade única para disfrutar da cultura urbana en todas as súas modalidades e expresións.

No festival participarán artistas de talla nacional como o rapeiro Israel B, un dos artistas máis en auxe do momento dentro do xénero urbano; así como unha representación do mellor talento local contando con Treze Trazos ou Concepto Circo e, por suposto, tamén do país luso, que estará representado polo grafiteiro Virus.

O evento celebrarase ao longo do día e incluirá unha zona gastronómica e zona musical, na que se instalará un escenario con carpa e, a maiores, campionatos deportivos en formato 3x3 de fútbol sala, baloncesto e voleibol, ademais de exhibicións de skate.

Todas as actividades serán de balde e abertas ao público e só será necesario inscribirse para as deportivas. O prazo para anotarse xa se atopa aberto a través da web: www.lugocapitaldacultura.com onde se pode atopar toda a información sobre o programa desta cita, así como do resto dos eventos da Capital da Cultura.

Ao longo da xornada sucederanse exhibicións de skate, actuacións en directo de DJs, batalla de galos, zonas de pintado de graffitis, con representación de artistas locais, como Treze Trazos, Concepto Circo, e portugueses, como Virus. Con este fin instalarase un autobús e varias furgonetas onde os e as artistas estarán todo o día pintando. A xornada finalizará co concerto a cargo de Israel B.

Ás 11.00 dará comezo a exhibición de graffitis e arte urbano con: Yoe 33, Treze Trazos, M. Pereira, Otro Prisma e Virus e comezarán tamén o campionato de basket 3x3, fútbol sala 3x3, voleibol 3x3 e a exibición de skate que durarán todo o día.

Sobre esta hora dará tamén comezo a sesión DJ que se extenderá todo o día con Nasa + FAT + Tropical Boyz.

Ás 18.00 será a entrega de premios campionatos e ás 18.30 a batalla de galos. Para finalizar a xornada ás 20.30 dará comezo co concerto de Irsrael B

Festival Urban Cores Atlánticas
0.10056495666504