O Fogar do Transeúnte de Lugo atendeu a un total de 2.509 persoas en 2024

LugoXa
A concelleira de Benestar Social e Maiores, Olga López Racamonde, destacou a importancia deste dispositivo
O-Fogar-do-Transeúnte-Lugo
11 Feb 2025

Ao longo do pasado ano, o servizo municipal O Fogar do Transeúnte de Lugo atendeu a un total de 2.509 persoas, ofrecendo un recurso esencial tanto para aquelas persoas que se atopan nunha situación de emerxencia habitacional como para as familias que precisan apoio para cubrir as súas necesidades máis básicas.

A atención prestada traduciuse en 6.040 almorzos, 12.137 comidas e 11.207 ceas, servidas tanto nas instalacións do Fogar como a través do servizo de entregas a domicilio, todo iso pensado para os sectores máis vulnerables: persoas con necesidades sociais profundas en todos os ámbitos.

A concelleira de Benestar Social e Maiores, Olga López Racamonde, destacou a importancia deste dispositivo: "O compromiso do Goberno local con este servizo é absoluto, porque sabemos que é un recurso fundamental para moitas persoas en situación de vulnerabilidade. Garantimos unha atención digna e de calidade durante todo o ano, pero especialmente nos períodos máis críticos, como o inverno e o verán, cando as condicións meteorolóxicas fan que este apoio sexa aínda máis necesario".

0.18361401557922