O folk de Caamaño & Ameixeiras chega a Lugo
Durante o mes de abril, estase a desenvolver na cidade a nova edición do ciclo Lubicán, programa co que se pretende achegar ao público lucense a música de grupos galegos con diferentes estilos. O vindeiro mércores 24 de abril é a quenda das galegas Bala que actuarán na Praza Santa María ou en caso de choiva no auditorio da Facultade de Veterinaria a partir das 20.30 horas.
Caamaño & Ameixeiras é un dúo ligado á música e ao baile de raíz. Formado por Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz) en 2018, este dúo acumula, no seu curta pero intensa traxectoria, un gran número de concertos, tanto dentro da xeografía galega, o seu lugar de orixe, como fóra dela e no ámbito internacional.
De natureza principalmente instrumental, aínda que incorporando tamén algún tema vocal coidadosamente escollido, Caamaño & Ameixeiras toma como punto de partida a tradición, entendida como algo vivo e en constante cambio, para crear despois a súa propia linguaxe, con composicións e arranxos persoais e íntimos que manteñen a esencia do popular pero incorporan recursos contemporáneos.