O foro DivúlgaT celebra a súa décima edición no Vello Cárcere de Lugo

LugoXa
A iniciativa, impulsada por AgroMar, busca dar visibilidade á investigación do Campus de Lugo e promover o galego na divulgación científica
O-Vello-Cárcere-fachada
11 Sep 2025

A Asociación de Investigadores AgroMar pon en marcha a décima edición do DivúlgaT, un encontro que se celebrará os días 22 e 30 de outubro, a partir das 19.30 horas, no Vello Cárcere de Lugo.

O obxectivo é achegar á sociedade o traballo desenvolvido polo persoal investigador do Campus de Lugo, ao tempo que se potencia o uso do galego como lingua de comunicación e de divulgación científica.

A convocatoria está aberta a todas as persoas con actividade investigadora vinculadas ao Campus de Lugo, que poderán expoñer nun máximo de dez minutos algún aspecto do seu traballo, as liñas do seu grupo de investigación ou calquera temática da súa área de coñecemento que consideren de interese para o público xeral.

As inscricións, que estarán abertas ata o 1 de outubro a través dun formulario en liña, inclúen a posibilidade de asistir de balde a un obradoiro de divulgación científica. Este será impartido por Andrea Muras, finalista da edición 2019 do concurso FameLab España e autora do libro La guerra contra las superbacterias.

⚙ Configurar cookies
0.11776089668274