O Foro Feminista de Lugo propón o nome de Maruxa Villanueva para o novo auditorio

LugoXa
"Entendemos que o seu percorrido vital ben merece ser rescatado do esquecemento pola súa relación coas artes interpretativas e musicais", defenden
Maruxa-Villanueva
Maruxa Villanueva, imaxe da Fundación Rosalía de Castro
7 Nov 2024

O Foro Feminista de Lugo propón que o novo auditorio de Lugo leve por nome o de Maruxa Villanueva como un acto de "xustiza", xa que a presenza dos nomes de muller no nomenclátor da cidade (rúas, prazas, centros sociais e culturais, auditorios) "non chega a un 10 %. É unha mostra máis da desigualdade estrutural entre homes e mulleres que evidencia a exclusión histórica e a invisibilización da aportación femenina en todos os ámbitos do saber", explican.

Desde a entidade feminista defenden que Maruxa Villanueva é unha figura feminina vinculada co teatro, coa produción teatral, coa interpretación coral e solista. Relacionada co galeguismo histórico, co mundo da emigración e do exilio. Malia todo é unha personaxe descoñecida, "por iso entendemos que o seu percorrido vital ben merece ser rescatado do esquecemento pola súa relación coas artes interpretativas e musicais, coa cultura galega e coa memoria histórica. No caso da nosa cidade é tamén unha cuestión de xustiza paritaria".

Porén, din que existen outras mulleres que "ben poderían dar nome ao novo Auditorio, como é o caso de Maruxa Mallo, figura de proxección mundial. A súa biografía, de sobra coñecida, abrangue moitos eidos, tamén teatrais: maqueta, figuríns, escenografía para teatro.

0.14443206787109