O Free Dojo recibe un premio da Federación Galega de Kickboxing

LugoXa
O club deportivo Free Dojo de artes marciais de Lugo foi homenaxeado na gala anual dos premios ABP, de Kickboxing de Pontevedra.
3 Xan 2024

O club deportivo Free Dojo de artes marciais de Lugo foi homenaxeado na gala anual dos premios ABP, de Kickboxing de Pontevedra.

A gala celebrouse nun coñecido restaurante da capital Pontevedra, despois de facer unha ampla exhibición dentro do centro de alto rendemento de deportistas de Galicia e en presenza do presidente da Federación Galega de Kickboxing e de Muay Thai Don Cipriano Gómes, quen foi o encargado de recoller o galardón en nome do club lugués.

O Free Dojo foi recoñecido como o club máis implicado no ano 2023 polo alto número de participantes e eventos organizados durante o ano pasado. Este é o primeiro premio que recibe a escola deportiva na súa curta historia. "É para nós un pracer poder ser merecedor de tal honra. É de destacar o traballo tan intenso que está a realizar a nosa directiva na organización e promoción deste deporte, que se converteu desde a nosa incorporación nun dos máis solicitados nos últimos anos para practicar por novos deportistas, este labor foi recoñecida pola directiva de ABP, que é, sen dúbida, un dos clubs máis importantes a nivel nacional e europeo cos que contamos neste país", indicou o director.

0.19986796379089