O Friulio volveu a Friol con moita actividade e participación
O Concello de Friol retrocedeu esta fin de semana no tempo para conmemorar unha nova edición do Friulio, unha festa que contou cunha importante participación, o apoio do bo tempo e que recuperou sensacións da época prepandemia.
Centos de persoas pasaron por Froil nalgún momento desta fin de semana para participar nas actividades que se organizaron con motivo desta celebración.
Unha vez rematada a festa o alcalde, José Ángel Santos agradeceu aos organizadores o traballo realizado:
"Moitas gracias a todas as asociacións que nos acompañaron nestas duas xornadas, gracias a cada integrante de todas elas, dun xeito especial as Asociacións do municipio de Friol, sin esa implicación sería complicado sacar este evento para adiante.
Por suposto en nome propio e no de Friol, moitas gracias a Asociación A Castronela, a todas as persoas que a compoñen, un grupo que con moito traballo foi asentando as bases para conseguir facer realidade o proxecto que se marcaron; ser partícipes da historia do noso pobo e trasladala ao exterior, pois ben, despois desta edición do Friulio 2022, quedou patente que ese obxectivo está conseguido con creces.
Por último agradecer a todos os veciños de Friol por implicarse e apoiar a celebración desta Festa Castrexa - Romana, e un orgullo ver que desde a primera edición toda a veciñanza se volcara para lograr que este evento se consolidara co paso do tempo, sin ese apoio non sería posible conseguir que en tan pouco tempo de vida, sexa xa unha das maiores festas Castrexas - Romanas de Galicia.
Moitas gracias a todos os visitantes que nos acompañaron durante este fin de semana , agardo que esta experiencia vivida non a esquezan e por suposto a volvan a vivir para o ano que ven na quinta edición do Friulio".