O FSF Castro cadete xa é campión de Preferente a falta de dúas xornadas para o remate

LugoXa | TerraChaXa
O empate da fin de semana conseguido a domicilio fronte ao O Parrulo (1-1) foi suficiente para confirmar matematicamente o campionato
fsf-castro-cadete-feminino
10 Feb 2026

O FSF Castro proclamouse campión da liga Preferente na categoría cadete feminino tras unha brillante tempada. O conxunto chairego asegurou o título esta fin de semana ao rematar como primeiro clasificado do grupo 1, cando aínda restan dúas xornadas para o peche da competición regular.

O empate conseguido a domicilio fronte ao O Parrulo (1-1) foi suficiente para confirmar matematicamente o campionato, grazas tamén á derrota do Superti Ribeira FS, segundo clasificado, o que deixa ao FSF Castro cunha vantaxe de sete puntos xa irrecuperable.

O equipo, que aínda non pechou o ciclo, conta xa con 12 vitorias en 15 partidos (ademais dun empate e dúas derrotas), sendo tamén o máis goleador, 69 tantos fronte aos 60 do Narón, e tamén o menos goleado, xa que só encaixou 18, fronte aos 30 tamén do Narón, segundo.

Este logro reflicte o bo traballo realizado polo equipo ao longo da tempada, caracterizada pola regularidade, o esforzo colectivo e un alto nivel competitivo, que lle permitiron dominar a liga e coroarse campión con antelación.

 

⚙ Configurar cookies
0.095712900161743