O FSF Castro Cando métese na final da Copa Galicia tras vencer con autoridade ao Ourense Ontime

LugoXa | TerraChaXa
O club chairego enfrontarse ao Poio na último duelo, que se disputará o día 2 de abril
fsf-castro-final-copa-de-galicia
4 Mar 2026

O FSF Castro Cando certificou o seu pase á final da Copa Galicia despois de superar con claridade ao Ourense Ontime por 1-4 nun encontro no que as chairegas amosaron maior pegada na segunda metade.

O conxunto lucense adiantouse no marcador grazas a un tanto de Luana Moura, que abriu o camiño cara á vitoria. Con todo, o Ourense Ontime reaccionou e logrou empatar antes do descanso nunha primeira parte marcada pola igualdade e polo equilibrio entre ambos equipos.

Tras o paso polos vestiarios, o FSF Castro Cando deu un paso adiante e fixo valer a súa superioridade física e técnica. Patricia Ortega devolveu a vantaxe ás visitantes co 1-2 e, pouco despois, Luisa Mayara ampliou diferenzas, deixando o partido moi encamiñado.

A sentenza definitiva chegou novamente das botas de Luana Moura, que asinou o seu segundo gol da tarde para pechar o definitivo 1-4. Con este triunfo, o FSF Castro Cando loitará polo título na gran final da competición autonómica e farao ante o Poio, que venceu 7-1 ao Burela no partido disputado tamén na tarde de este martes.

O último duelo terá lugar o día 2 de abril, o Xoves Santo.

0.13304090499878