O FSF Castro fíxose onte con dous campionatos galegos
O FSF Castro fixo historia un ano máis e logrou este martes, día das Letras Galegas, facerse co título de campión galego en dúas categorías, a xuvenil e a alevín femininas.
As xuvenís disputaron no pavillón da Raña o partido da final ante o Mosteiro Bembrive ao que se impuxeron por 6-1. As vermellas viñan de clasificarse en semifinais a mediados do mes de abril anteo Narón, ao que venceron por 5-3.
Ao igual que as alevíns, as xuvenís xogaron a primeira fase desta tempada en concentración de partidos en catro datas durante o ano. As de Castro lideraron a táboa e remataron invictas con 16 puntos dos 18 posibles xa que empataron un dos duelos.
Competiron no seu grupo contra o Ribeira e o Lugo Sala.
Cun marcador menos avultaron remataron a competición as do FSF Castro ante o Amarelle, ao que venceron por 4-3, grazas ao gol do desempate de Marta, que fixo un gran partido sendo a responsable dos catro tantos do marcador.
Tamén xogaron na Raña as vermellas, que pasaron ao final ao derrotar tamén por un gol a La Peña en semifinais. As vermellas foron claras vendoras tamén na primeira fase, con 12 puntos dos doce posibles e logrando o dobre que o Ribeira, que foi segundo.
As bases do Castro ultiman a competición nas categorías cadete e infantil. Nesta última, non lograron clasificarse para a final de Liga, que se celebra esta fin de semana, tras caer en semifinais co Poio pola mínima. Si teñen aínda por delante a última fase da Copa, que se xogará ante o Amarelle o día 29 a semifinal.
Na primeira fase ocuparon a segunda praza tanto da Liga como da Copa por detrás dun Amarelle que estivo intratable toda a tempada.
As cadetes si disputarán a final esta fin de semana ante o Poio e esperar respaldar co título unha boa tempada. As vermellas foron campioas da primeira fase da liga, invictas e con 26 puntos dos 30 posibles. Na copa repetiron o fito e remataron tamén sen coñecer a derrota con 16 puntos dos 18 posibles.
Tamén disputarán as semifinais de Copa o día 29 contra o Amarelle.