O FSF Castro únese á plataforma solidaria Terra Move

LugoXa | TerraChaXa
É unha ferramenta pensada para apoiar o ecosistema deportivo galego, ofrecendo a posibilidade de acceder a un sistema de captación de fondos solidarios destinados a proxectos con impacto social
fsf-castro-terra-move
19 Oct 2025

O FSF Castro súmase á plataforma solidaria Terra Move, unha iniciativa impulsada pola organización Amar e Terra en colaboración coa Xunta de Galicia e co apoio tecnolóxico de Plexus Tech. A presentación oficial tivo lugar este martes e contou coa participación de diferentes entidades do ámbito deportivo galego.

Terra Move nace como unha ferramenta pensada para apoiar o ecosistema deportivo galego, ofrecendo a clubs, federacións e deportistas a posibilidade de acceder de forma gratuíta a un sistema de captación incentivada de fondos solidarios destinados a proxectos con impacto social.

Desde o FSF Castro destacan a súa satisfacción por formar parte desta iniciativa, que promove o mecenado deportivo e impulsa un modelo de deporte con propósito, baseado na colaboración e na solidariedade.

O club quixo agradecer o traballo de todas as persoas e entidades que fixeron posible a posta en marcha de Terra Move, un proxecto que busca fortalecer o tecido deportivo de Galicia e fomentar a implicación social a través do deporte.

⚙ Configurar cookies
0.071246147155762