O Galicia Head Tour terá lugar na cidade amurallada do 28 de xaneiro ao 20 de febreiro
A cidade de Lugo acollerá do 28 de xaneiro ao 29 de febreiro o Galicia Head Tour, un circuíto xuvenil organizado pola Federación Galega de Tenis, que se disputará nas categorías de Alevín, Infantil, Cadete e Junior masculino e feminino, cunha alta porcentaxe de inscrición de tenistas lucenses.
O torneo no que colabora o Concello de Lugo, está organizado pola Federación Galega de Tenis, o Centro Deportivo D10 e o Club de Tenis de As Termas, terá lugar nas Pistas de Tenis Municipais de Frigsa e nas pistas do Centro Deportivo D10.
Ao acto de presentación asistiron o xerente do Centro Deportivo D10, Leovigildo Real Guerreiro e o presidente do Club de Tenis As Termas, Jose Andrés Pereiro. O edil apuntaba que “promover pautas de vida saudable entre a poboación, especialmente na mocidade é un dos obxectivos da concellería”, ao tempo que destacou que o tenis é unha das modalidades deportivas que conta con máis afeccionados na nosa cidade.
A inscrición pechou o 20 de xaneiro con 341 deportistas anotados. As inscricións individuais tiveron un custe de 12,5 euros mentres que as dobres custaban 6,25.
PREMIOS
Haberá un trofeo para cada campión e subcampión de cada categoría.